No XV Seminario de Historia de Culleredo
2009-11-23
A voz fundamental de Uxío Novoneyra na Galicia Contemporánea é o tema escollido este ano na decimoquinta convocatoria do Seminario de Historia que celebra o concello coruñés de Culleredo. Aproveitaremos a ocasión para gravar algúns recursos para o documental e tamén presentar de xeito oficial aos medios o proxecto. A cita é o sábado 28 ás 17:30, no edificio de Servizos Multiples do Burgo.
