Avance “Uxío Novoneyra: Poeta / Alén”
Novo teaser da longametraxe documental “Uxío Novoneyra: Poeta / Alén” xa en produción
Uxío Novoneyra: Poeta / AlénDiario da gravación da longametraxe documental dedicada ao poeta courelán
longametraxe documental |
||
Etiquetasasociación de escritores en lingua galega
consello da cultura galega
culleredo
edificio servizos multiples o burgo
facebook
federico garcía-cabezón
gseis
iván l. gimeno
longametraxe documental
pen club galicia
real academia galega
uxío novoneyra
uxío novoneyra: poeta/alén
xoel lópez
xv seminario de historia
|
Avance “Uxío Novoneyra: Poeta / Alén”2010-03-03
Novo teaser da longametraxe documental “Uxío Novoneyra: Poeta / Alén” xa en produción 1º Avance de Uxío Novoneyra: Poeta / Alén2009-11-30
group.php?gid=187311248366&ref=ts Este foi o primeiro teaser do proxecto documental Uxío Novoneyra: Poeta / Alén que acompañou á documentación cara as subvencións da Consellería de Cultura. Está feito a base de imaxes da Serra do Courel xunto ás fotografías do codirector Federico García-Cabezón e a banda sonora que compuso Xoel López. A proxectamos este sábado durante a presentación do proxecto no XV Seminario de Historia que organizou o Concello de Culleredo. No Facebook2009-11-23
Xa estamos no facebook, cun perfil de grupo no que iremos informando das novas do documental. Uxío Novoneyra: Poeta / Alén2009-11-23
Uxío Novoneyra: Poeta / Alén, proxecto de longametraxe documental sobre o poeta courelán, ponse en marcha tras un longo proceso de preprodución. Dirixido por Federico García-Cabezón e Iván L. Gimeno sobre un guión seu para a produtora audiovisual GSEIS, o documental pretende amosar as múltiples facianas do vate da terra, máis alá de moitos tópicos que lastran a súa figura, clave para comprender a historia da Galicia contemporanea da que foi á vez testemuña e protagonista. Uxío Novoneyra: Poeta / Alén explora a obra completa de Novoneyra, poesia total e de vangarda que excede con moito a identificación con “Os Eidos” e a súa calificación de poeta da terra. A variedade da súa proposta lírica, o seu interese noutras disciplinas artísticas (dende o cinema ao cante jondo), e tamén de xeito fundamental o seu compromiso vital e político con Galicia son a base do documental. Para levalo a cabo contarase cunha serie de entrevistas realizadas a personaxes próximos ao decidor, figuras senlleiras da nosa cultura que o trataron de xeito íntimo ou son estudosos profundos das súas letras. Xunto ás súas declaracións engadiranse unha escolma dos seus poemas reinterpretados noutras disciplinas artísticas (música, danza, pintura, etc…). Material de arquivo audiovisual e inédito do poeta, aportado pola súa propia familia en colaboración co proxecto e imaxes ilustrativas dalgúns dos feitos clave na vida e obra de Novoneyra (Madrid, Vietnam, enterro de Castelao, etc…) completan a proposta. A banda sonora orixinal é aportada polo músico Xoel López, tamén coñecido polo seu anterior proxecto Deluxe, que debuta coma compositor de scores. En paralelo ao desenvolvemento da produción, Uxío Novoneyra: Poeta / Alén estase a presentar a diversas institucións tales como Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega, Asociación de Escritores en Lingua Galega ou Pen Club de Galicia entre outros, a fin de acadar o seu apoio e colaboración nesta iniciativa. |
AmigosAsociaciónsInstituciónsArquivos |